HOMENAXEAMOS ÁS LETRAS GALEGAS

Esta conmemoración tan importante na nosa comunidade autónoma xa chegou tamén ao noso cole. Vai clicando e abrindo orellas e ollos que vai comezar o noso festival!!!

Comezamos cun conto creado polo alumnado de 2º de primaria. Despois de coñecer a Vivaldi e ás súas estacións, decidiron inventar un conto misturando a este compositor e ás Letras Galegas. Velaquí tedes o resultado!!!

Tras ter invocadas ás Letras Galegas polos de 2º, damos paso ao alumnado de 6º de primaria que nos detallarán valiosa información sobre o homenaxeado neste ano 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Imos escoitar agora a Florencio Delgado Gurriarán a través da voz do alumnado de 5º. Tamén tedes este podcast na nosa Radio Castrelix!!!

Imos con outra sinal de identidade de Galicia, as camelias. En forma de conto nos traen os de 3º de primaria esta fermosa flor. Atent@s!!

Agora que xa quencemos neste festival virtual, atent@s que os da clase de 4 anos traen unhas adiviñas. Que cousa, cousiña é? Orellas á espreita!! Tamén en Radio Castrelix!!! Ir a descargar

Quenda d@s compañeir@s da aula de 5 anos que con moito ritmo nos seus corpos tráennos “Dime que fixeches”.


Despois dunha canción outra historia chega ás nosas pantallas. Xoán e Maruxa polo alumnado de 4º. Adiante!!!

O galego pode estar en calquera momento da nosa vida: no día a día, nas cancións, en libros… Os de 1º cóntannos que lles gusta a eles en galego. A seguir escoitando e lendo na nosa lingua!!!

Sabedes contar? Pois… contade con nós!!! List@s? Os de 3 anos xa o están!! Arranca o play!!!

Rematamos este festival virtual desexando que sexa o último no que teñamos que ver aos nosos compañeiros e compañeiras a través da pantalla. En vivo e en directo moito mellor!!! Para pechar esta conmemoración deixámosvos cunha canción que nos achegan os de 5º cunha mensaxe ao final importante sobre a nosa lingua. FELIZ DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, EDLG, infantil, Primaria

Deixar un comentario