Xa temos gañadora de tangram en 5º

Durante todo o curso que está a piques de rematar, @s nen@s da clase de 5º estivemos facendo un concurso de tangram. E, por fin, xa temos gañadora…. Mercedes Suárez conseguiu facer todo o reto. Noraboaa!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

FUNDACIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEO MANOLO PAZ

A visita á “Fundación de arte contemporáneo Manolo Paz” dos nenos e nenas de Educación Infantil, serviunos para aprender un montón de cousas sobre as esculturas e pasar un día estupendo.

 

Fundación Manolo Paz from Javi on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil, Saídas escolares

CASTELO DE SOUTOMAIOR

Os nenos e nenas de Educación Infantil son expertos en ábores. Por ese mesmo motivo e como as árbores do cole de Castrelo se lle facían poucas, visitamos o CASTELO DE SOUTOMAIOR. Alí, ademais de moitas árbores novas, desfrutamos do inmenso castelo e as súas vistas.

Castelo de Soutomaior Educación Infantil from Javi on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil

Sumerxímonos na arte e no mundo natural

Hoxe a clase de 5º cambiou as mesas e cadeiras da clase por un entorno mais natural, pero non por eso menos adecuado para a aprendizaxe. Xa que estamos coñecendo a a Idade Media acercámonos ata o Mosteiro da Armenteira. Alí puidemos observar moitos dos elementos que vimos en clase… pero en vivo e en directo!!!! Todo así vese mellor e na realidade. Sorte que temos de telo tan cerca!!!

Despois tomamos rumbo a Made in Fofan, unha casa moi especial que está ubicada no lugar do mesmo nome. Fofán é un lugar da Armenteira, moi recollidiño e co seu encanto especial. Alí puidemos ver moitos tipos de árbores: pexegueiros, figueiras, aguacate, man de Buda, ginkgo biloba, bambú… ademais de outros arbustos e cultivos: alcachofas, amorodos, arándanos, rabanitos, leitugas…

Alí tamén fixemos pan con sementes de papoulas. O resultado non foi nada mal e nos levamos un boliño para á casa.

Aínda fixemos mais, entramos na botella máis grande do mundo convertida en habitación, nun hórreo moi chic, fixemos un espantallo e merendamos un bocata con pan de cabaza na estupenda horta-xardín, … Todo un luxo. Moitas grazas por todo!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Convivencia coa EEI da Pastora

Coma todos os anos, fixemos unha xornada de convivencia coa EEI da Pastora. Este curso, os nenos e nenas de Educación Infantil fomos desde Castrelo e acolléronnos de marabilla no seu centro.

Moitas grazas e ata o próximo curso!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Comemos Europa

Como tiñamos algo de fame e estaba pendente que conmemoremos o Día de Europa @s alumn@s de 5º e 6º elaboramos un mural con diferentes receitas de países de Europa. agora só que queda que alguén se anime e probe a facer novas comidas. Na variedade está o gusto!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Robótica en 5º e 6º: mBot

mBot Primaria from Javi on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar