Arquivos mensuais: Marzo 2021

Módulos e sensores con Mbot

Este trimestre dou para moito na clase de robótica de 6º. Estivemos probando, comprobando, fedellando e descubrindo cousiñas co noso Mbot e algún módulo e sensor externo. Para que? Carreira de fondo para os Xogos Olímpicos de Castrélix… Proximamente nas súas pantallas…

Módulos sensores Mbot.mp4 from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Robótica

Á volta coas medidas

Este trimestre dou para moito. Deixámosvos unhas imaxes para que vexades. De todo tivemos nos obradoiros de mate!!!

á volta coas medidas from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

A partes iguais

Así estivemos facendo coas fraccións no obradoiro de mate de 4º, a partes iguais. Representamos, lemos, comparamos… manipulando e reflexionando. Continuaremos traballando nesto!!!

fraccións 4º from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

Liñas e ángulos en 3º

Así nos pasamos o trimestre, sumerxidos en liñas e ángulos. E…. para que nos serven? Ata construímos elementos que precisan destes dous elementos matemáticos. Ben feito rapaces e rapazas de 3º!!

liñas e ángulos 3º from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

Entre números

Boa parte deste trimestre nalgúns dos obradoiros de matemáticas, estivemos a fedellar nos números. Credes que aprenderíamos algo? De seguro que si…

Entre números from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

Sendo conscientes do que acontece…

Hoxe en 5º e 6º tivemos a visita de Tamara, traballadora do SPAD de Vilagarcía de Arousa. Tivemos un momento de debate, charla, opinión… moi interesante. Moitas cousas son as que afectan na nosa vida. Que pasa cos hábitos de vida que temos? Son saudables? Que nos queren dicir de verdade os anuncios?? Graciñas Tamara por vir facernos reflexionar.

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, Primaria, Proxecto Deportivo de centro

En conexión coa natureza

Hoxe na clase de 3º tocou fixaron nas plantas. Para iso, mañá completa!! Primeiro, limpamos a nosa plantación de patacas, sementamos aromáticas e busca de información na rede. Que máis podemos pedir??

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Voz Natura

Os de infantil tamén plantamos

Hoxe foi a nosa quenda. As cenoiras e as leitugas estaban esperando por nós. Un pouquiño de ferramenta, sementes, auga e as nosas mans e ….voilá!!! Plantado nos queda. Agora a coidalas e esperar que medren. Xa nos tardan…

Deixar un comentario

Arquivado en infantil, Voz Natura

2º trimestre en 3 anos

E dou para moito!! Un milleiro de cousiñas fixemos. Non paramos!!! O noso é a actividade!! Deixámosvos unhas imaxes de resumo. A polo terceiro!!

2º trimestre en 3 anos from CEIP CASTRELO on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil, Obradoiros Infantil

Radio e poesía

O pasado domingo 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía. Dentro dos nosos obradoiros e actividades non podiamos deixar pasar este día tan especial. Para iso, os de infantil tráennos poesías aprendidas e gravadas a través dos micros da nosa radio. Sodes fantástic@s!!!

Ir a descargar

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, infantil, Radio na Biblio