Arquivos mensuais: Maio 2022

Día internacional do Xogo

O 28 de maio está sinalado no almanaque como o día internacional do xogo. Por iso e dentro de diferentes programas e actividades do centro como é o Proxecto Deportivo, Plurinfantil e tamén dende a área de inglés, aproveitaron para darlle a algo tan divertido como é o xogo. Que mellor que aprender disfrutando!!! Ademais contamos coa sorte de ter no noso cole un kit de xogos populares que non sempre é doado de conseguir. Deixámosvos unhas imaxes que o din todo elas soas!!

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, infantil, Plurilingüismo, Primaria, Proxecto Deportivo de centro, Varios

Obradoiros en igualdade

Varios foron os días nos que Alba achegouse ao noso cole para facer uns obradoiros moi interesantes. Estereotipos, disfraces, retos e moita, pero que moita reflexión sobre todos este aspecto levou a cabo con nós. A semana pasada, infantil, 1º, 2º, 3º , e 4º de primaria e nesta semana 5º e 6º puideron disfrutar destas actividades. Moitas grazas por todo!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Igualdade, infantil, Primaria

Árbore da amizade

Na hora do conto, na clase de 5 anos comprobamos a importancia da amizade, un xesto, un corriso… a maxia da amizade florece…

Deixar un comentario

Arquivado en Cousas que pasan no cole, infantil

Con moito ritmo

Unhas pezas por aquí, un motor por alá e un pouco de filamento foi o que precisaron en 5 anos para esta posta en escena musical. Atent@s!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca creativa, infantil, Obradoiros de robótica

Creando taboleiros

En 1º tamén lle damos á robótica. Estivemos a crear taboleiros para o Qobo. Que tal nos quedarían?

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca creativa, Primaria, Robótica

Paxaros LEGO

Despois de ver tantas aves ao longo do curso, estamos a poñer en marcha maquetas variadas sobre elas. En obradoiro de robótica de 2º xa temos as nosas!!! Estas mamás-paxaro deben dar de comer ás súas crías. Seguro que o conseguirán!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca creativa, Primaria, Robótica

Repostería en 3º

Moito mellor aprender facendo e moito mellor se temos produción facendo!!! Que ben o pasamos en 3º hoxe co obradoiro de matemáticas. Ben saborosos nos quedaron as nosas sobremesas. Atent@s á pantalla!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Obradoiros de mate, Primaria

Xogos populares

Non todos os xogos son á última, nin por ser máis antigos e populares quere dicir que sexan aburridos. Os de 5º e 6º puidemos disfrutar dunha xornada de Xogos Populares en Nantes (Sanxenxo). Pronto tamén os poderemos ter no cole. Estarémolos esperando para repetir!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Proxecto Deportivo de centro, Saídas escolares

3,2,1… Carreira!!!

Na xornada de hoxe, os de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tiveron unha saída moi especial. Achegáronse ata Portonovo para a Carreira do Salnés e tamén para a de Save the Children que se celebrou no CEIP Plurilingüe Abrente. O ambiente foi incrible!! Participación, valores, equipo, solidariedade… foron as verbas que se respiraron nesta xornada.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Proxecto Deportivo de centro, Saídas escolares

HOMENAXEAMOS ÁS LETRAS GALEGAS

Esta conmemoración tan importante na nosa comunidade autónoma xa chegou tamén ao noso cole. Vai clicando e abrindo orellas e ollos que vai comezar o noso festival!!!

Comezamos cun conto creado polo alumnado de 2º de primaria. Despois de coñecer a Vivaldi e ás súas estacións, decidiron inventar un conto misturando a este compositor e ás Letras Galegas. Velaquí tedes o resultado!!!

Tras ter invocadas ás Letras Galegas polos de 2º, damos paso ao alumnado de 6º de primaria que nos detallarán valiosa información sobre o homenaxeado neste ano 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Imos escoitar agora a Florencio Delgado Gurriarán a través da voz do alumnado de 5º. Tamén tedes este podcast na nosa Radio Castrelix!!!

Imos con outra sinal de identidade de Galicia, as camelias. En forma de conto nos traen os de 3º de primaria esta fermosa flor. Atent@s!!

Agora que xa quencemos neste festival virtual, atent@s que os da clase de 4 anos traen unhas adiviñas. Que cousa, cousiña é? Orellas á espreita!! Tamén en Radio Castrelix!!! Ir a descargar

Quenda d@s compañeir@s da aula de 5 anos que con moito ritmo nos seus corpos tráennos “Dime que fixeches”.


Despois dunha canción outra historia chega ás nosas pantallas. Xoán e Maruxa polo alumnado de 4º. Adiante!!!

O galego pode estar en calquera momento da nosa vida: no día a día, nas cancións, en libros… Os de 1º cóntannos que lles gusta a eles en galego. A seguir escoitando e lendo na nosa lingua!!!

Sabedes contar? Pois… contade con nós!!! List@s? Os de 3 anos xa o están!! Arranca o play!!!

Rematamos este festival virtual desexando que sexa o último no que teñamos que ver aos nosos compañeiros e compañeiras a través da pantalla. En vivo e en directo moito mellor!!! Para pechar esta conmemoración deixámosvos cunha canción que nos achegan os de 5º cunha mensaxe ao final importante sobre a nosa lingua. FELIZ DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, EDLG, infantil, Primaria