Arquivo da categoría: Varios

Picnic de contos

Un día moi especial baixo o sol e aire fresco da primavera. Un picnic de contos que ben seguro repetiremos máis ben pronto que tarde. Clica para ver a nosa actividade!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca, Cousas que pasan no cole, infantil, Primaria, Varios

Navega con rumbo

Hoxe en 5º e 6º, charla sobre a Internet e o seu uso. Sempre é un acerto!!

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Varios

A nosa horta xa está sementada

Neste 2º trimestre, estivémoslle dando á horta. Acelgas, patacas, repolos, leitugas… entre outros, xa están sementados. Agora só queda coidalos e recoller os froitos.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil, Primaria, Varios, Voz Natura

E seguen ensinando…

Estase a converter na especialidade dos de 4º: ser mestres/as, comunicadores/as… noutras aulas do centro. Que tocaba nesta ocasión? Pois amosar as súas maquetas dos aparellos do corpo humano. Que será o próximo? Verémolo en seguintes episodios…

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Varios

Charlas co SPAD

Coma sempre, non deixamos de manter un oco para charlas moi interesantes que nos achegar dende este servizo con base en Vilagarcía. Quenda dos de 5º e 6º con temáticas moi interesantes, fomento de sentido crítico e moitos valores polo medio. Coma sempre, un pracer.

Deixar un comentario

Arquivado en Igualdade, Primaria, Varios

Xornadas de Portas Abertas

Nestes días, abrimos de par en par as portas para poder achegar o noso día a día con todos vós. Foi un pracer e vémonos na próxima!!! O resumo? Aquí coma sempre 😉

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Cousas que pasan no cole, Varios

E no entroido… Cambados tamén ten arte!!

Hoxe non choveu e como tiñamos pendente unha cousiña da semana pasada, pois nos preparamos para saír ao Adro e compartir con todos os que ata alí se achegaron, os disfraces que fixemos dentro do proxecto deste curso Cambados ten arte. Queres vernos?? Aquí estamos!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca, EDLG, infantil, Primaria, Varios

Entroido 2024

Igual pensaches que este curso no cole de Castrelo non fixéramos nada para celebrar o entroido, non si? Claro… toda a semana sen publicar. Pero… non é así!!! Estivemos recapitulando todo o vivido para amosárvolo nun vídeo. Mandados, sobremesas típicas e Entroido en Compañía ocuparon todos os días desta semana. Clica na imaxe para velo e …. VIVA O ENTROIDO!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Cousas que pasan no cole, EDLG, Igualdade, infantil, Primaria, Varios

Continuamos con Pilabot!!!

Como ben sabedes, no Cole estamos facendo campaña de recollida de pilas para o concurso Pilabot. Hoxe achegáronse para contarnos máis sobre a reciclaxe e outros datos máis. Ben que atendemos ao que nos contaron os de 3º e 5º. Ademais, rematamos cun xogo, que sempre apetece.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Varios

Kamishibai

Deso ía o obradoiro que nos tivo moi entretidos aos de 3º e 4º o luns e onte, martes. Moi interesante e sobre todo, un gusto para a nosa imaxinación e creatividade. Moitas grazas Juan!!! O vídeo? Clica na foto!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca creativa, Primaria, Varios