Arquivos mensuais: Febreiro 2024

Xornadas de Portas Abertas

Nestes días, abrimos de par en par as portas para poder achegar o noso día a día con todos vós. Foi un pracer e vémonos na próxima!!! O resumo? Aquí coma sempre 😉

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Cousas que pasan no cole, Varios

Harmónica caseira

Queres poder fabricar a túa primeira experiencia cunha harmónica? Os de 4º si que o fixeron. Deixámosvos a receita para elaborale e se quereres ver o proceso, clicando na imaxe poderdes ver paso a paso como foi.

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Polos Creativos, Primaria

Día de Rosalía

Como non podía ser doutro modo, tocaba reseñar no calendario este día para botar unha ollada a esta personaxe tan especial en Galicia. Cun gran mural cun chisquiño de cada un dos que formamos parte do cole, aquí vos deixamos o resultado e o vídeo, clicando na imaxe.

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, EDLG

Dándolle ao balonmán

Un para todos e todos para un!! Eso é o chulo dos deportes en equipo. Hoxe os de 4º achegáronse ao colexio Abrente para disfrutar dunha xornada de convivencia practicando balonmán, todo grazas ao programa Xogade. De luxo!! Clica na imaxe para ver máis!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Proxecto Deportivo de centro, Saídas escolares

Obradoiro entre micros

Hoxe os de 4º e 5º puidemos aprender moito de Damián. Achegouse ao noto cole para ensinarnos e facer que nos mergullásemos no marabilloso mundo da radio. Ben seguro que tomamos boa nota para continuar co que nos ensanches. Moitísimas grazas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Radio na Biblio

E no entroido… Cambados tamén ten arte!!

Hoxe non choveu e como tiñamos pendente unha cousiña da semana pasada, pois nos preparamos para saír ao Adro e compartir con todos os que ata alí se achegaron, os disfraces que fixemos dentro do proxecto deste curso Cambados ten arte. Queres vernos?? Aquí estamos!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca, EDLG, infantil, Primaria, Varios

Entroido 2024

Igual pensaches que este curso no cole de Castrelo non fixéramos nada para celebrar o entroido, non si? Claro… toda a semana sen publicar. Pero… non é así!!! Estivemos recapitulando todo o vivido para amosárvolo nun vídeo. Mandados, sobremesas típicas e Entroido en Compañía ocuparon todos os días desta semana. Clica na imaxe para velo e …. VIVA O ENTROIDO!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Cousas que pasan no cole, EDLG, Igualdade, infantil, Primaria, Varios

Continuamos con Pilabot!!!

Como ben sabedes, no Cole estamos facendo campaña de recollida de pilas para o concurso Pilabot. Hoxe achegáronse para contarnos máis sobre a reciclaxe e outros datos máis. Ben que atendemos ao que nos contaron os de 3º e 5º. Ademais, rematamos cun xogo, que sempre apetece.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Varios

Carreira Cross

E hoxe, con este día fermoso, os de 4º tomamos rumbo á Azucreira de Portas para participar na carreira de Cross xa que nos clasificamos na carreira de Montalvo do mes de novembro. Pero non só corremos, tamén bailamos, cantamos e, sobre todo, pasámolo moi, pero que moi ben. Viva Xogade!! Queres ver máis? Pois clica na imaxe!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Proxecto Deportivo de centro, Saídas escolares