Arquivo da categoría: Igualdade

8M

Outra data que non podemos saltar no noso calendario. Lecturas e creacións do alumnado foron algunas das actividades deste día. Pero o importante é que todos os días sean 8 M!!

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, Igualdade

Charlas co SPAD

Coma sempre, non deixamos de manter un oco para charlas moi interesantes que nos achegar dende este servizo con base en Vilagarcía. Quenda dos de 5º e 6º con temáticas moi interesantes, fomento de sentido crítico e moitos valores polo medio. Coma sempre, un pracer.

Deixar un comentario

Arquivado en Igualdade, Primaria, Varios

Entroido 2024

Igual pensaches que este curso no cole de Castrelo non fixéramos nada para celebrar o entroido, non si? Claro… toda a semana sen publicar. Pero… non é así!!! Estivemos recapitulando todo o vivido para amosárvolo nun vídeo. Mandados, sobremesas típicas e Entroido en Compañía ocuparon todos os días desta semana. Clica na imaxe para velo e …. VIVA O ENTROIDO!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Cousas que pasan no cole, EDLG, Igualdade, infantil, Primaria, Varios

Día da discapacidade

Hoxe tocaba poñerse na pel dos demais. Lecturas, curtas e outras actividades nas nosas aulas.

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, Igualdade, infantil, Primaria

25N

Lecturas e procura de micromachismos… Atoparíanos ou non habría ningún?

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca, Conmemoracións, Igualdade, Primaria

Novas tecnoloxías

Hoxe aos de 5º e 6º visitounos a Garda Civil, dentro do Plan Director, para coñecer de primeira man cousiñas moi importantes sobre as novas tecnoloxías, ciberbullying, control do uso de dispositivos, protección e hábitos á hora de navegar, riscos na rede… E seguiríamos escoitando durante toda a mañá!! Mil grazas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Igualdade, Primaria

Aprendendo a respectarnos e a convivir

Durante o luns e o martes, nas clases de 4 e 5 anos, e en 1º, 2º, 3º e 4º tivemos a visita de Gloria Fontán que nos fixo pasar un momento agradable e despertar o interese por respectarnos, respectar aos demais e , polo tanto, aprender a convivir. Grazas pola visita!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Igualdade, infantil, Primaria, Varios

Visita en clave de muller

Hoxe, dentro do PDI CastrelízT, visitounos Modesta, a primeira muller que tocou na banda de música de Castrelo. Anécdotas, a época que lle tocou vivir como muller e moitos apuntamentos así como melodías cos seus instrumentos, achegounos hoxe ao colexio. Mil grazas Modesta pola túa visita e palabras!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actuacións no centro, Biblioteca, Conmemoracións, Igualdade, Música, Primaria, Varios

NON á violencia!! SI á paz!!!

Pero non só hoxe, senón durante todo o ano. Iso si, no cole tivemos un día un tanto especial para que a ninguén se lle esqueza. Contos, actividades en movemento, danzas e moitas cousas máis formaron parte da nosa xornada. Lembra, hoxe e todo o ano, NON Á VIOLENCIA E SI Á PAZ!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Conmemoracións, EDLG, Igualdade, infantil, Primaria, Robótica

Making off “O 25N na nosa solapa”

E como foi o proceso de creación das chapas que loceremos na nosa solapa este 25N? Velaquí o tedes. Bo proceso cun bo resultado. Parabéns a todos e todas chic@s!! E lembrade. Non á violencia de xénero hoxe e todos os días do ano!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións, EDLG, Igualdade, Polos Creativos, Primaria