Arquivos mensuais: Novembro 2017

As aventuras de tres elefantes

Ola a tod@s. Na clase de música, os de primeiro elaboramos os debuxos, sons e grabamos as nosas voces deste conto. Esperemos que vos guste!!

as aventuras de 3 elefantes from Marisa R on Vimeo.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Comezando a programar

Hoxe na aula de 6º comezamos a traballar con programación. Xa que estamos dando os números enteiros e con eles as coordenadas cartesianas intentamos facer mover un personaxe describindo varias traxectorias: cadrado, triángulo, rectángulo… Pouco a pouco iremos complicando as cousas, pero esto non pinta nada mal…

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

As nosas maracas… máxicas…

Entre esta semana e a pasada na hora de música @s alumn@s de 1º elaboramos unhas maracas… máxicas… a ver quen adiviña que teñen dentro…eso si, sen abrilas.

Comezamos decorándoas con anaquiños de papel de cores mollados en auga con cola.

Logo deixámolas secar.

IMG_20171114_132046

Hoxe tocou enchelas con diferentes materiais. Importante!!! Logo sellalas para que non se escape nada do seu interior.

Velaquí tedes o noso resultado. Creo que non estivo nada mal, verdade?

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

COMENZANDO A PROGRAMAR

Ola a tod@s. Este ano no noso cole temos un montón de propósitos e un deles e aprender nunha nova linguaxe en primaria, a robótica. Para iso @s nen@s de 4º xa se están poñendo as pilas. Dúas semanas atrás comezamos a facer boca co beebot e aproveitamos para facer cálculo mental e repasar as normas de acentuación.

Pero esta semana xa empezamos de modo mais profesional e traballamos a programación das luces do noso robot : o mbot. Seguiremos facendo cousiñas que xa vos iremos amosando…

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Robótica

I Romaría de San Martiño e Magosto

Veña…non vos facemos agardar máis tempo, aquí está o video da I Romaría de San Martiño do cole de Castrelo!

Os nenos e nenas desfrutaron dun día de traballo en equipo, ricas castañas e xogos cos trompos. O PRÓXIMO CURSO REPETIMOS!

 

I Romaría de San Martiño en Castrelo from Javi on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Cousas que pasan no cole, infantil, Primaria

A romaría de San Martiño

Hoxe no cole imos celebrar a Romaría de San Martiño na que non faltarán nin os trompos nin as castañas. Ademais teremos campionato de trompos e de elaboración de buxainas. Quen serán os gañadores??? Proximamente nas súas pantallas….

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

As novas exposicións da biblioteca

 

Atención! Xa temos as novedades expostas para que lle botedes unha ollada, e tamén están os libros do Samaín. Animádevos!!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca

Música en vivo e…en directo!!!!

Ola a tod@s!! Empezamos a semana na clase de música con música da boa, en directo. E, por se fora esto pouco, grazas a unha alumna de 5ºA que tivo a amabilidade de traernos o instrumento que está a estudar no conservatorio. Ánimo e a seguir así de ben!!!

A ver quen sabe que música está a tocar…

A frauta traveseira from Marisa R on Vimeo.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar