Arquivos mensuais: Xaneiro 2020

Xogando pola Paz

Tres días con diferentes actividades e un único fin común: conmemorar o Día da Paz e a non Violencia. Ideas para os nosos mandamentos de bos e boas xogadores e xogadoras, xogos pola Paz e visualización de vídeos con moito sentido foron as nosas actividades para lembrar que hoxe e todos os días son días da Paz.

Paz 2020 from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Conmemoracións

English theatre

Calquera día pode ser bo para ter teatro. E por que non en inglés? Idade? Pois…para todos e todas!!!! Un moi bo rato pasamos desde infantil ata 6º. Seguro que repetiremos!!! Thank you!!!!

teatro inglés from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Actuacións no centro, infantil, Primaria

Xogade en Portonovo

Extraordinaria xornada de convivencia a vivida polo alumnado de 6º no CEIP Portonovo no marco do programa Xogade. Durante toda a mañá os nosos nenos e nenas  xogaron ó datchball, balonmán, baloncesto e fútbol sala, disfrutando dun recreo moi especial cos seus novos amigos e amigas.

Desde o CEIP Plurilingüe de Castrelo queremos agradecer a acollida da comunidade de CEIP Portonovo e ao seu director José Currás pola excelente organización da xornada.

VIDEO-2020-01-21-13-05-26 from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Saídas escolares

Robótica en Infantil

Como non podía ser doutro xeito, en infantil tamén fixemos un montón de cousiñas nos obradoiros de robótica. Velaquí vos deixamos un vídeo para continuar coa posta ó día das nosas actividades.

robótica infantil from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil, Obradoiros, Obradoiros Infantil, Robótica

Lego e robótica en Primaria

Pouquiño a pouco imos poñendo ó día o noso blog con actividades de agora e algunha recopilación de actividades realizadas ó longo do primeiro trimestre. Aquí tedes unha mostra do obradoiro de matemáticas e robótica con uso de Lego en 1º, 2º e 3º de Primaria. Vanse convertir nuns profesionais sen dúbida ningunha!!!

robótica primaria from Marisa RV on Vimeo.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Robótica

Sadako y las mil grullas de papel

Así se titula o libro que en 6º presentamos hoxe. Unha historia para pensar, poñerse na pel dos demais, sentindo a valentía da protagonista a favor da paz mundial. Todo un clásico que non podiamos deixar perder a oportunidade de coñecer. Engadimos a elaboración dunha grulla de papel. Reto tras reto… así seguimos a traballar duro na aula de 6º.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

Novas tecnoloxías

Delas estamos rodeados todo o día. Por iso, é moi importante coñecelas e tamén saber que teñen os seus riscos. Isto foi o que nos contou hoxe ós de 5º e 6º un membro da Garda Civil. Algo deste aprendemos seguro. Graciñas!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Primaria

Seguimos xogando

Hoxe xoves 16 de xaneiro estreamos xogos para o tempo de recreo. Nin a choiva nin o vento poden con nós. Let’s go!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades do centro, Primaria

U-la Lúa?

Hoxe tivemos visita de monicreques no noso cole realizado pola Xanela do Maxín. A historia de U-la Lúa contada polos seus protagonistas tivemos o pracer de escoitar. Respecto, igualdade, diversidade… Moi atent@s estivemos…Graciñas pola visita!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Actuacións no centro, infantil, Primaria

E en 4 anos…

Imos poñendo ó día cousiñas atrasadas e outras non tanto. En infantil 4 anos traballaron, xogaron, disfrutaron, aprenderon… durante os pasados meses de novembro e decembro. Bótadelle un ollo ó vídeo!!! A ver que vos parece…

novembro decembro from MRV on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en infantil