Arquivos mensuais: Abril 2020

Días non lectivos

Informámosvos que, continuando co calendario lectivo que tiñamos proposto e que xa puxéramos no coñecemento de todas as familias, faranse novas propostas para o alumnado para continuar coa aprendizaxe do alumnado o vindeiro martes 5 de maio xa que o día 1 de maio é festivo e o luns 4 de maio é día non lectivo no noso centro.

Aquelas aulas que tiñan prevista algunha videoconferencia cos mestres ou algunha actividade puntual, continuarán manténdoa tal e como xa sinalaron os mesmos.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Inventores de hoxe e mañá

Como os maiores ás veces estamos faltos de ideas, estes nenos e nenas teñen claro que eles algo quererían inventar. Atent@s que as ideas e a creatividade son estupendas!!!

INVENTORES DO FUTURO from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

Coa lingua feita un nó

Así se nos podería quedar a lingua despois de dicir un trabalinguas con moito rrrrr.. Pero non a estes rapaces!!! Sodes xeniais!!!

trabalinguas from CEIP Castrelo on Vimeo.

 

1 comentario

Arquivado en Primaria

Non saias da casa

Os nenos e nenas do noso cole o teñen moi claro a pesar de estar a piques de poder saír un ratiño das súas casas. Vai por vós pequenos campeóns!!! E lembrade…se non é necesario, non saias da casa. Atent@s ó vídeo… de aquí a Hollywood.

Os nenos o recordan from CEIP Castrelo on Vimeo.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Robótica

Os libros voadores de Castrelix

E se nestes días nos trocásemos por unha bolboreta e puidésemos voar? Que sensación teríamos… Aínda que sen ás, os nosos libros e recomendacións voaron. Tan lonxe chegaron que xa están todas reunidas para rematar a fermosa conmemoración deste Día do Libro 2020

Mariposas from CEIP Castrelo on Vimeo.

 

2 Comentarios

Arquivado en Biblioteca

Los fantásticos libros voladores

Arrancamos o día do Libro tamén cunha pequena curtametraxe. Atent@s ás vosas pantallas!!! Clica no enlace que hai debaixo para poder velo.

Los fantásticos libros voadores

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Parabéns Castrelix!

Rapaces e rapazas!!! Hoxe é un día moi especial para min. É o día do libro!!! Mágoa que non poidamos estar no cole… Pero dixéronme que no vídeo de hoxe hai sorpresas para min e para vós!! Non podemos deixar de ver nin un minuto deste vídeo… hai sorpresas ata o final.. Ou eso me dixeron!!! Eu vouno ver… e ti?? FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS E TODAS!!

Cando acabes de velo podemos rematar cunha canción en exclusiva…. Lingua Guapa

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

As nosas mascotas

A semana pasada dende AL propuxémosvos un reto: que nos amosárades ás vosas mascotas. Aquí tedes algunhas delas. Todas….adorables!!!

As nosas mascotas from MRV on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Dende a casa

Moitas actividades estades a facer das que vos estamos a propoñer. Música, lectura, exposicións, mate, xogos, inglés, manualidades… a lista é longa e toda ela emocionante. Con algunhas das mostras que nos enviáchedes todo o alumnado de primaria, fixemos este pequeno vídeo. Estade atent@s que iremos poñendo máis. Graciñas a tod@s!!!

Dende a casa from MRV on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria

En Infantil non deixamos de traballar

Traballando na casa.. Así estamos tamén en infantil. Movementos, cancións, números, experimentos, pasatempos…son algunhas das cousas que estamos a facer. Atentos ás imaxes. Son como unha ventá para que todos e todas nos poidamos ver.

Traballando na casa EI from MRV on Vimeo.

 

1 comentario

Arquivado en infantil