En modo prevención

Dende o noso cole queremos dar a coñecer as medidas preventivas que estamos a tomar para facer fronte á situación actual do coronavirus (COVID-19). Tentamos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e calma xa que a nosa prioridade é a saúde da nosa comunidade educativa.

A nivel xeral, estamos extremando ao máximo a hixiene das mans como principal medida de prevención e control de tal infección.

Dende a aula de 6º de primaria, fixemos un obrador de concienciación para asegurar que manexan a información veraz e actualizada, co objetivo de educar en hábitos de hixiene e protección. Mellor que control é velo. Atentos/as ó vídeo!!!

coronavirus from CEIP Castrelo on Vimeo.

Deixar un comentario

Arquivado en Primaria, Varios

Deixar un comentario