Arquivos diarios: 19/03/2018

Explorando sons…

Todos os da clase de 4º estivemos a construír un instrumento que, aínda que non sexa moi bonitiño, conectándoo a un aparatiño moi especial, soa como se fose un de verdade.

Primeiro tivemos que preparar os nosos botes. Importante!! Son reciclados.

Despois de decoralos, inventamos ritmos que tiñamos que saber descifrar e escribir. Logo xa a tocar.

IMG_20180319_111906

E velaquí tedes unha mostra do que sucede cando lle conectamos un aparatiño chamado Makey-makey ó noso instrumento e este ó ordenador cunha app… Maxia!!!

makey makey from Marisa RV on Vimeo.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Primaria

Nas profundidades de Leonardo Da Vinci

O venres 16 de marzo os de 5º e 6º tivemos unha gran sorte. Dirixímonos a Vigo a unha exposición moi pero que moi interesante, manipulativa, variada… para coñecer ao fantástico autor, inventor, artista… Leonardo Da Vinci. Este home sabíavos moitas cousas!!!

Velaquí tedes algunhas das imaxes da nosa saída. Foi todo un honor, Sr Leonardo!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar un comentario

Arquivado en Biblioteca, Primaria, Saídas escolares