Arquivos mensuais: Febreiro 2012
RESERVA DE PRAZA 2012/13
O próximo día 1 de marzo ábrese o periodo de reserva de praza para novo alumnado para o curso 2012/13. Os impresos e a información facilitarase na secretaría do centro. Para máis información pode consultar a nosa Web clicando neste … Seguir lendo
Arquivado en Varios
Obradoiro do SPAD, E ti, que opinas?
Ola de novo! o alumnado de 6º participou nun obradoiro organizado polo S.P.A.D de Vilagarcía de Arousa onde falaron da importancia da opinión propia e de ser críticos coas opininións alleas.
Arquivado en Cousas que pasan no cole
Baile de entroido
Este venres celebramos o baile de Entroido e o concurso de disfraces. Houbo premios para as mellores comparsas e para os mellores disfraces. Pasámolo de marabilla!! Premiados nas comparsas 1º premio: 5º de primaria 2º premio: 4º de primaria e 3º … Seguir lendo
Arquivado en Actividades do centro
Papatoria en Infantil!
Ola amiguiñ@s! Os de infantil si que saben disfrutar do entroido. Fixeron unha cuchipanda de sete estralos con larpeiradas típicas do entroido que trouxeron da casa. Houbo orellas e filloas a esgalla!
Arquivado en Cousas que pasan no cole
No entroido… vimos coa cara pintada!!
Nesta semana do entroido temos que vir o xoves coa cara pintada.
Arquivado en Actividades do centro
Tódolos zapatos diferentes!!
Hoxe todo o mundo levantouse despistado e trouxo zapatos diferentes!
Arquivado en Actividades do centro
No entroido… vimos con zapatos diferentes!!
Nesta semana do entroido temos que vir o mércores con zapatos diferentes.
Arquivado en Actividades do centro
Festival de Entroido da ANPA
O próximo luns, 20 de febreiro, a ANPA celebrará un festival de entroido no Pavillón do colexio. Comezará ás 16:30h. e rematará arredor das 19:30h. Haberá música, xogos e unha merenda. Está aberto a todo o mundo e todos os … Seguir lendo
Arquivado en Cousas que pasan no cole