Arquivos mensuais: Xuño 2011

Remate do curso 2010/11

Un curso máis chega á súa fin o curso escolar. Hoxe, antes de despedirnos uns dos outros tivemos teatro no cole. Por segundo ano consecutivo os profes animáronse a subir a o escenario, esta vez coa “Ratiña Presumida”.

FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO!

4 Comentarios

Arquivado en Cousas que pasan no cole

Premios SPAD

Ola amiguiñ@s! despois de participar un ano máis nos Obradoiros de Bebidas saudables organizados polo S.P.A.D. de Vilagarcía de arousa, algúns alumnos e alumnas de 5º de primaria obtiveron o 3º premio no concurso de carteis, polo que pasaron hoxe polo centro da Merced para recoller os seus agasallos e diplomas que entregaban a Responsable de Prevencións do S.P.A.D. e o Alcalde de Cambados. Parabéns!

1 comentario

Arquivado en Cousas que pasan no cole

Os de Infantil van de excursión

Ola amiguiñ@s!  Hoxe o alumnado de Infantil foi de excursión a Caldas de reis onde puideron visitar a ponte romana que nesa vila hai. Despois foron ata os muiños de Meis onde camiñaron un treito da ruta de pedra e da auga que alí hai e visitaron a aldea de pedra.

Deixar un comentario

Arquivado en Saídas escolares

Visita á EEI da Pastora

Ola! O alumnado de Educación Infantil de 4 e 5 anos visitaron hoxe a E.E.I. da Pastora. Alí compartiron xogos e actividades con outros nenos e nenas. Este é o terceiro ano que realizamos esta interesante actividade.

Deixar un comentario

Arquivado en Saídas escolares

Excursión de 2º Ciclo

Ola amiguiñ@s! O alumnado de 2º ciclo de primaria foi hoxe de excursión ao Ecoparque de Marín onde pasaron unha mañá estupenda realizando actividades relacionadas coa natureza.

Deixar un comentario

Arquivado en Saídas escolares