Dentro da campaña Bocaberta e da man da editorial Kalandraka, tivo lugar na biblioteca do cole un Obradoiro de Oralidade. Nel, o alumnado de 3º de primaria aprendeu a expresarse mellor con verbas próximas a eles como son as relacionadas coas árbores. Ademais gravouse parte do traballo e en próximas datas emitirase nas ondas de Radio Lider. Unha experiencia moi interesante.
